Inicio | Mapa do sitio | Contacto
a / A    Castellano / Galego

Carpeta Ciudadana

Institución de ePARTICIPA

ALTA CARPETA

CONDICIÓNS DE USO

1.- Conexión

Poderá acceder á operativa deste servizo a cidadanía do Concello de Ourense, así coma calquera outra persoa física que manteñan algunha relación co Concello de Ourense e que reúnan os seguintes requisitos:

  • No caso de ser persoas físicas teñen que ser maiores de idade
  • Dispor de plena capacidade xurídica para actuar
  • Aceptar as presentes condicións de utilización do servizo.

No caso de actuar persoas apoderadas ou representantes, deberán achegar orixinal e copia dun poder notarial expreso para a súa solicitude. Ademais, deberase tamén xuntar copia da documentación persoal que identifica a persoa solicitante (DNI, NIE ou Permiso de Residencia) e orixinal e copia da documentación persoal que identifica a persoa autorizada (DNI, NIE ou Permiso de Residencia)

2.- Ampliaciones do servizo

O Concello de Ourense poderá incorporar progresivamente novas prestacións que amplíen a operativa deste servizo.

3.- Obrigas

As ordes transmitidas polo usuario do servizo poderán ser efectivas a partir do momento en que sexan recibidas polo Concello, quen queda autorizado, pero non obrigado, a aceptar as ordes recibidas mediante este servizo. As ordes recibidas serán irrevogables unha vez cumpridas por este Concello.

Correrán a cargo da persoa usuaria do servizo, os elementos necesarios para facer posible a comunicación co Concello e tamén o custe que comporte o mantemento e a utilización desta comunicación.

O intercambio de información e ordes a través deste servizo non terán en ningún caso a cualificación de recurso administrativo, nin paralizarán os prazos establecidos na normativa vixente para interpoñer un recurso.

O Concello comprométese a:

  • Manter en segredo os datos de accesos da persoa usuaria.
  • Comunicar as normas ou variacións do servizo.
  • Cando a través do servizo, reciba as ordes de operar, comprobará os datos de acceso da persoa solicitante.

O Concello non se responsabilizará das omisións, erros, perdas de información, vulneración da confidencialidade e /ou acceso indebido á información ou aos datos persoais causados por problemas técnicos da comunicación, non imputable ao Concello, ou debidos a deficiencias ou fallos de seguridade nas redes de comunicacións non controladas polo Concello; e en xeral, os orixinados por causas de forza maior ou polo uso indebido da clave de acceso por terceiras persoas non autorizadas.

A persoa usuaria do servizo comprométese a:

  • Manter en segredo as súas claves de acceso.
  • Acreditar os datos que lle sexan solicitados para a utilización do servizo e confirmar, ata por escrito, as ordes transmitidas cando o requira o Concello por medidas de protección, en defensa da confidencialidade e da seguridade do sistema, ou por imperativo legal.
  • Informar inmediatamente ao Concello en casos de perda, subtracción, uso ou coñecemento indebido por parte de terceiras persoas dos seus datos de acceso.
  • Comunicarlle ao Concello, a través de calquera medio axustado a dereito, da modificación dos seus datos persoais.
  • Comunicarlle ao Concello calquera circunstancia que poida afectarlle ao bo funcionamento do servizo.
  • Responder dos danos e perdas que poida ocasionar o mal uso da súa conexión.
  • Responder persoalmente, ou a través dos seus apoderados-representantes, se é o caso, dos danos e perda que poida ocasionar polo non cumprimento das obrigacións antes indicadas.

4 .- Duración

A duración deste acordo é por tempo indefinido, sempre e cando la persoa usuaria o considere así. O Concello resérvase a potestade de rescindir este acordo ou de refacer un novo cando a persoa usuaria non cumpra as cláusulas que nel se especifican.

Tanto a persoa usuaria coma o Concello poderán rescindir o acordo, por mutuo entendemento ou de maneira unilateral por calquera das dúas partes, mediante comunicación escrita.

Todas as operacións ordenadas con anterioridade á rescisión terán valor legal e vixencia ata a total finalización dos trámites destas.

O Concello poderá interromper a prestación do servizo temporal ou definitivamente, no caso de producirse modificacións relevantes na situación das persoas usuarias do servizo, ou se observa incumprimento das normas de uso deste.

O Concello resérvase o dereito de modificar as condicións de servizo, o período, e os procedementos técnicos de identificación e validación dos datos transmitidos, de acordo coas súas necesidades.

A non aceptación destas modificacións por parte das persoas usuarias do servizo suporá a rescisión anticipada do servizo obxecto das presentes condicións.

5.- Sometemento a arbitraxe

As partes sométense a todo o acordado nestas condicións de uso de servizo da «Carpeta Cidadá» e acordan que calquera discrepancia ou controversia que se suscite en relación a esta, ou estea relacionada con ela de forma directa ou indirecta, será sometida polas partes contratantes á decisión do tribunal arbitral competente nesta xurisdición.

Da mesma forma, as partes fan constar expresamente o seu compromiso de cumprir o laudo arbitral que se dite, e no seu defecto, o dos tribunais da provincia no seu propio foro.

6.- Política de Protección de datos de carácter persoal

O tratamento dos datos de carácter persoal realizados a través do servizo, estarán suxeitos ao establecido no Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello de 27 de abril de 2016 relativo á protección das persoas físicas (RGPD) e a Lei Orgánica 3/2018, de 5 decembro, de Protección de Datos Persoais e garantía de dereitos dixitais.

Pode consultar a información adicional e detallada sobre Protección de Datos na nosa Política de privacidade